Anualidade 2021-2022 – Proxectos Produtivos

EXPEDIENTE: L21‐1920‐07‐0233
PROMOTOR: Limpiezas y Reciclajes de Galicia, S.L.
LOCALIZACIÓN: Casaio (Carballeda de Valdeorras)

ORZAMENTO ACEPTADO: 16.745,37 €
PORCENTAXE AXUDA: 50 %
IMPORTE AXUDA: 8.372,69 €
CONSOLIDACION EMPREGO: 7,95 UTA´s
CREACIÓN EMPREGO: 2 UTA´s

INNOVACIÓN E TECNIFICACIÓN NOS PROCESOS DE LIMPEZA INDUSTRIAL

Descrición do proxecto:

Limpiezas y Reciclajes de Galicia, é unha empresa especializada e innovadora en limpeza industrial e servizos xerais. Situada en Valdeorras, concretamente no concello de Carballeda de Valdeorras, dende o seu nacemento en 2012, ofrece unha ampla gama de solucións para a limpeza e mantemento dos espazos de traballo. Nestes anos, REGALSA consolidouse como un referente en tecnoloxía, calidade e procedementos avanzados. Con especialidade en sectores das industrias auxiliares de automoción, siderurxia e lousa, ata limpeza e mantemento de edificios públicos. Dada a crecente demanda de redución de po de sílice xerada na industria extractiva da lousa e sendo un dos referentes económicos da rexión e un dos seus clientes, desenvolven innovación e modernización nos procesos de limpeza. Para iso invisten na adquisición de maquinaria específica para as tarefas que desenvolven.