EmprendOU Reto demográfico

22/08/2019

A Deputación de Ourense pon en marcha axudas para proxectos empresariais e de autoemprego en concellos rurais de menos poboación, financiado polo programa operativo de emprego xuvenil do fondo social europeo (axudas EMP-POEJ).
Desta maneira poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas físicas que, a partir do 8 de xaneiro de 2019, desenvolvan actividades empresarias ou profesionais por conta propia dentro do municipio donde desempeñen a súa actividade e deberán cumplir os seguintes requisitos:
1. Ser maior dos 16 anos e menos de 30 anos de idade.
2. Estar inscrito no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
3. Ter nacionalidade española ou ser cidadán da Unión Europea ou dos Estados parte do Acordo Económico Europeo ou de Suíza.
4. Estar dado de alta no Padrón Municipal de Habitantes do Concello correspondente.
5. Non ter traballado, nin recibido accións educativas e formartivas no día natural anterior o inicio da actividade subvencionada.
6. Estar dado/a de alta na Seguridade Social, en calquera réxime para o exercicio de actividades por conta propia.

A CONTÍA: A subvención consistirá nunha axuda económica equivalente ao 75% do salario mínimo interprofesional por cada mes de exercicio efectivo de actividade subvencionada, é decir 675 € ó mes, cun mínimo de 6 meses e un máximo de 12 meses.
Podedes consultar a  web para obter máis información

https://www.emprendou.com/