Con carácter xeral poderán ser beneficiarios das axudas tramitadas ao abeiro deste réxime de axudas:
a) As persoas físicas ou xurídicas de carácter privado.
b) As entidades públicas de carácter local ou comarcal: concellos, mancomunidades, consorcios e entidades dependentes das anteriores.
c) As comunidades de montes veciñais en man común e as súas mancomunidades.
En iniciativas produtivas, deberán conseguir unha puntuación mínima de 20 puntos no baremo, a porcentaxe de subvención mínimo será do 35 % e o máximo do 50 %.
Os proxectos deberán conseguir unha puntuación mínima de 20 puntos no baremo.
Nas iniciativas de carácter non produtivo a porcentaxe de subvención aplicarase considerando tres prioridades:
Como norma xeral a porcentaxe de axuda máxima ascenderá ata a 100 % titularidade pública, 90 % titularidade privada.
Os proxectos de elaboración de estudos, celebración de eventos, certames ou feiras, edición de libros ou guías e páxinas web terán un máximo de axuda de 10 000 € por proxecto.
Os proxectos do sector da produción agraria primaria que consistan en pequenos investimentos serán subvencionables cos requisitos que estableza o Réxime de Axudas do Leader 2014-2020. En todo caso, para este tipo de proxectos, o total da renda da unidade familiar, no momento da solicitude de axuda, non poderá ser inferior ao salario mínimo interprofesional vixente. Por outra banda, o resultado final da previsión económica, xuntando a actividade principal non agraria e a renda agraria derivada do proxecto, non poderá superar o quíntuplo do valor do citado salario mínimo interprofesional.
Nos investimentos en centros sociais, a contía máxima de axuda por cada proxecto que supoña un investimento en creación, reforma ou ampliación dun local social non poderá exceder os 50 000 € por proxecto.
Os proxectos de natureza non produtiva estarán limitados a unha axuda máxima de 200.000 € por proxecto.
Aqueles proxectos que non deban ampararse no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado ás axudas de minimis poderán alcanzar os 250.000 € no caso de que a Agader autoríceo expresamente.
A tramitación dun expediente pasa pola execución completa das seguintes fases: