VII PROGRAMA DE EMPRENDEMENTO AGROALIMENTARIO

25/10/2018

Poñemos no seu coñecemento que a Fundación Juana de Vega pon en marcha a convocatoria do VII PROGRAMA DE EMPRENDEMENTO AGROALIMENTARIO.

Este programa ten por obxecto axudar aos emprendedores dos sectores agroalimentario, forestal e pesqueiro de Galicia, así como proxectos de base tecnolóxica e servizos relacionados cos anteriores, a desenvolver as súas ideas empresariais, convertelas en proxectos de negocio e materializalas en empresas reais, innovadoras e competitivas.  Buscamos contribuír a fortalecer o tecido empresarial e a mellorar a calidade de vida no rural.

Unha das fases do programa é a de captación de proxectos para a posterior selección dos candidatos a participar no mesmo.

 

INFORMACIÓN VII PROGRAMA