Modelo placa publicidade

24/09/2018

Segundo as bases reguladoras das axudas que se tramiten ao abeiro da medida Leader (submedidas 19.2 e 19.4), cofinanciadas co Feader no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR).

Artigo 19. Obrigas dos beneficiarios
i) Publicitar a concesión da axuda do seguinte xeito, segundo establece o anexo III do Regulamento (UE) nº 808/2014, da Comisión, do 17 de xullo, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1305/2013.

Tendo en conta que xa se vai aproximando a data das xustificacións dos expedientes, axuntamos o modelo de cartel (versión galego).
As placas que se deben colocar OBRIGATORIAMENTE nas operacións que reciban unha axuda pública superior a 50.000 €, seguindo os requisitos que establece o ANEXO III do Regulamento 808/2014, na súa versión modificada polo Regulamento de Execución (UE) 2016/669 de la Comisión, de 28 de abril de 2016, que modifica el Regulamento de Execución (UE) nº 808/2014 no que incumbe á modificación e ao contido dos programas de desenvolvemento rural, a publicidade dos mesmos.
A colocación destas placas nas operacións que non reciban unha axuda superior a 50.000 € é conveniente para publicitar o programa, non obstante non é obrigatoria.
Lembrade que o tamaño mínimo debe ser un A3, segundo sinala o citado anexo III do Regulamento 808/2014 e nun material perdurable.

– No caso de que o beneficiario teña sitio web de uso profesional, incluirá unha breve descrición da operación con referencia ao financiamento da Unión Europea, que deberá permanecer durante a execución do proxecto e, cando menos, ata a data do pagamento final da axuda.

Se o investimento consiste na adquisición de maquinaria ou elementos móbiles, a publicidade levarase a cabo mediante a colocación dun adhesivo perdurable. No caso de estudos, publicacións e outros materiais gráficos, a publicidade levarase a cabo mediante a inclusión dos logotipos

Para que un cartel cumpra coa normativa deben respectarse as indicacións de tamaños, orde e presencia de todos os logos das Administracións financiadoras.

 

Placa Publicidade jpg

 

Placa Publicidade word