Aberto o prazo para a presentación de candidatura aos Premios Leader.

18/09/2019

Premios Reguladores Leader 2019. 

Dende o 16 de setembro ata o 31 de outubro os Promotores Leader de Proxectos Turísticos xa poden presentar a súa candidatura aos "Premios Leader 2019".

Os obxectivos dos PREMIOS LEADER son dar a coñecer e poñer en valor a Medida Leader 2014-2020, e o traballo e a contribución dos GDRs de Galicia na dinamización socioeconómica do rural galego financiando proxectos ao amparo da submedida 19.2 (apoio para a realización de operacións conforme á estratexia de desarolo local participativo).

Vista a posibilidade e idoneidade de tematizar cada ano os Premios LEADER nun eixo temático central, a Asociación de GDRs de Galicia na súa Asamblea do 25 de xuño de 2019, acordou dedicar como eixe central para esta convocatoria a temática do Turismo como elemento dinamizador do medio rural aproveitando as oportunidades que pode brindar a aposta estratéxica da Xunta de Galicia no Xacobeo 2021, buscando premiar ás iniciativas relacionadas co TURISMO que máis contribúan a acadar os obxectivos da Medida Leader.

 

Máis info:

https://asociaciongdrsgalicia.wordpress.com/premios-reguladores-leader-2019/