Premios Talento Mozo Galicia

18/11/2019

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca os premios Talento Mozo Galicia para o recoñecemento de traxectorias excelentes e proxectos impulsados e postos en marcha por mozos e mozas galegos.

Os premios Talento Mozo Galicia que se convocan terán as seguintes modalidades:
- Ciencia.
- Rural.
- Deporte.
- Empresa.
- Cultura e Creación.

Premios
- Outorgarase un premio de 5.000 euros por cada unha das modalidades.
- As persoas premiadas recibirán, ademais da dotación económica do premio, unha distinción honorífica e un diploma acreditativo.

Poderán optar aos premios Talento Mozo as persoas mozas que reúnan os seguintes requisitos:
- Ter entre 18 e 30 anos na data en que finalice o prazo de presentación de candidaturas.
- Estar domiciliadas na Comunidade Autónoma de Galicia na data en que finalice o prazo de presentación de candidaturas.
- Contar cunha traxectoria relevante na modalidade do premio a que concorra. Para estes efectos, os méritos que motivan a candidatura deben estar referidos a circunstancias acreditadas con carácter previo á data de publicación da convocatoria.

As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario BS327A dispoñible en https://sede.xunta.gal
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 21 de novembro de 2019
Máis información no DOG do 21 de outubro de 2019