Anualidade 2021-2022 – Proxectos Non Produtivos Públicos

EXPEDIENTE: L21‐1920‐07‐0119
PROMOTOR: CONCELLO DE O BOLO
LOCALIZACIÓN: Celeirós (Concello de O Bolo)

ORZAMENTO ACEPTADO: 48.150,00 €
PORCENTAXE AXUDA: 62,50 %
IMPORTE AXUDA: 30.093,75 €

IMPLANTACIÓN DE EQUIPO DE PESAXE PARA CAMIÓNS.

Descrición do proxecto:

O proxecto tivo como finalidade a instalación dunha báscula de pesaxe de camións nunha parcela no paraxe de Serraseca, xunto a estrada OU-129, no punto quilométrico 07+500m no concello da Veiga. A parcela é propiedade da empresa Ametlam, S.L.
Realizáronse as obras necesarias para a adaptación da parcela aos requirimentos da instalación do equipo de pesaxe e a circulación de camións no interior da mesma. Para iso proxectouse un acceso na estrada OU-129 e un acceso a estrada local contigua a parcela.
Este proxecto ten coma obxectivo aportar transparencia e claridade na xestión das masas forestais debido a ausencia de infraestruturas na zona que permitan a pesaxe de camións de madeira para que os propietarios coñezan con fiabilidade a extracción de madeira e a produción das súas superficies.