DATOS
En cumprimento do artigo 10 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico, a Asociación G.D.R. Valdeorras, infórmao de que os seus datos identificativos son os seguintes:

A denominación social é:

Asociación G.D.R. Valdeorras

Enderezo: Casa Grande de Viloira, Praza Ramón Otero Pedraio, 11
32315 Viloira – O Barco
T. 690 197 278
Email: info@gdr7valdeorras.gal
NIF: G32390361

CONDICIÓNS DE ACCESO E UTILIZACIÓN
O presente aviso legal regula o uso do sitio web (en adiante, A WEB), do que é titular a Asociación G.D.R. Valdeorras.

A navegación pola web https://gdr7valdeorras.gal/ atribúe a condición de usuario deste e implica a aceptación plena e sen reservas de todas e cada unha das disposicións incluídas neste Aviso Legal, que poden sufrir modificacións.

O sitio web e os seus servizos son de acceso libre e gratuíto, non obstante, a Asociación G.D.R. Valdeorras condiciona a utilización dalgúns dos servizos ofrecidos na súa web á previa cumprimentación do correspondente formulario.

Todos os contidos do sitio web, como textos, fotografías, gráficos, imaxes, iconos, tecnoloxía, software, así como o seu deseño e códigos fonte, constitúen unha obra cuxa propiedade pertence a Asociación G.D.R. Valdeorras, sen que poidan entenderse cedidos ao usuario ningún dos dereitos de explotación sobre os mesmos máis alá do estritamente necesario para o correcto uso da web.

O usuario garante a autenticidade e actualidade de todos aqueles datos que comunique a Asociación G.D.R. Valdeorras e será o único responsable das manifestacións falsas ou inexactas que realice.

O usuario obrígase a facer un uso correcto do sitio web de conformidade coas leis, a boa fe, a orde pública, os usos do tráfico e o presente Aviso Legal. O usuario responderá fronte a Asociación G.D.R. Valdeorras ou fronte a terceiros, de calquera danos e prexuízos que puidesen causarse como consecuencia do incumprimento da devandita obriga.

POLÍTICA DE ENLACES E EXENCIÓNS DE RESPONSABILIDADES
A Asociación G.D.R. Valdeorras non se fai responsable do contido das páxinas web ás que o usuario poida acceder a través dos enlaces establecidos no seu website e declara que en ningún caso procederá a examinar ou exercitar ningún tipo de control sobre o contido doutras páxinas da rede. Así mesmo, tampouco garantirá a dispoñibilidade técnica, exactitude, veracidade, validez ou legalidade de páxinas alleas á súa propiedade ás que se poida acceder por medio dos enlaces.

A Asociación G.D.R. Valdeorras declara ter adoptado todas as medidas necesarias para evitar calquera danos que, aos usuarios do seu website, puidesen derivarse da navegación pola súa páxina web. En consecuencia, a Asociación G.D.R. Valdeorras non se fai responsable, en ningún caso, dos eventuais danos que pola navegación por Internet puidese sufrir o usuario.

USO DE COOKIES E DATOS ESTATÍSTICOS
Esta páxina web non recolle nin almacena datos persoais dos seus visitantes. Unicamente, coa finalidade de ofrecerlle o mellor servizo a través desta páxina, e co obxecto de facilitar o seu uso, analízanse o número de páxinas visitadas, o número de visitas, así como a súa frecuencia de utilización.

Para estes efectos, utilízanse os datos estatísticos elaborados polo provedor de Servizos de Internet. Con esta información analízase a frecuencia de uso da web da mercantil a partir dos datos de conexión, e as seccións máis visitadas. A Asociación G.D.R. Valdeorras non utiliza cookies para recoller información dos usuarios dende a súa páxina web nin rexistra as súas direccións IP.

O usuario ten a posibilidade de configurar o seu navegador de modo que se lle informe da recepción de cookies, podendo, se así o desexa, impedir que sexan instaladas no seu disco duro. Non obstante, para o acceso á website da Asociación G.D.R. Valdeorras non será preceptiva a instalación de cookies.

PROTECCIÓN DE DATOS
Infórmase que os datos persoais que nos facilite voluntariamente, a través dos distintos formularios da web, serán incorporados a un ficheiro titularidade da Asociación G.D.R. Valdeorras con domicilio en Casa Grande de Viloira, Praza Ramón Otero Pedraio, 11 – 32315 Viloira – O Barco, que cumpre coas medidas de seguridade esixidas no Real Decreto 1720/2007 do 21 de decembro. A finalidade do devandito ficheiro é a prestación e administración do servizo contratado ou solicitado, así como a realización de estatísticas, a remisión de publicidade e outras promocións comerciais que a Asociación G.D.R. Valdeorras poida efectuar nun futuro.

Mediante o envío dos mencionados formularios, o usuario autoriza a enviarlle información e comunicacións comerciais, divulgativas ou informativas a través de correo postal, correo electrónico ou fax dos servizos ofrecidos.

Así mesmo, a Asociación G.D.R. Valdeorras cancelará ou rectificará os datos cando resulten inexactos, incompletos ou deixasen de ser necesarios para a súa finalidade, de conformidade co previsto na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal.

O usuario poderá revogar o consentimento prestado e exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dirixíndose por escrito a Asociación G.D.R. Valdeorras, na seguinte dirección Casa Grande de Viloira, Praza Ramón Otero Pedraio, 11 – 32315 Viloira – O Barco, ou ben a través do seguinte correo electrónico: info@gdr7valdeorras.gal, identificándose debidamente e indicando de forma visible o concreto dereito que se exerce.

A Asociación G.D.R. Valdeorras adopta os niveis de seguridade correspondentes requiridos pola citada Lei Orgánica 15/1999 e demais normativa aplicable. Non obstante, non asume ningunha responsabilidade polos danos e prexuízos derivados de alteracións que terceiros poidan causar nos sistemas informáticos, documentos electrónicos ou ficheiros do usuario.