ANDAINA POPULAR

ANDAINA POPULAR

O sábado 13 de novembro celebramos una Andaina Popular contra a Violencia de Xénero, en tódolos territorios dos 24 Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia.

No territorio da Asociación GDR Valdeorras escollemos un recorrido de 5,5 km adecuado para todos os públicos pertencente o Camiño de Inverno, que dará comezo desde a Igrexa Virxe da Estrela de Pumares (Carballeda de Valdeorras) ata fronte o Centro Social de Sobradelo (Carballeda de Valdeorras).

Camiñaremos todos baixo o mesmo lema “O RURAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO”.

Contaremos con servizo de microbús (previa inscrición) que partirá de A Rúa con parada en Vilamartín e O Barco.

09:30 h Parada na estación de Autobuses en A Rúa.

09:50 h Parada en Antigo Bar Marbella en Vilamartín.

10:10 h Parada en fronte Estación de Autobuses en O Barco.

Itinerario:

10:30 h Encontro en Pumares fronte a Fonte, para entrega de agasallo e sinatura de documento responsabilidade COVID-19.

11:00 h Saída desde a Igrexa Virxe da Estrela.

13:00 h Lectura do manifesto conxunto en contra da violencia de xénero, fronte o Centro Social de Sobradelo (Carballeda de Valdeorras) e Videoconferencia cos participantes de tódalas andainas organizadas polos GDR de Galicia, con posterior degustación de produtos da comarca e photocall con fotógrafo.

As inscricións, de balde, deben realizarse a través dos seguintes medios:

Gdr7valdeorras@gmail.com

Telfs. 988 197 278 / 690 197 278