Anualidade 2018-2019 – Proxectos Non Produtivos Privados

EXPEDIENTE: L18‐1920‐07‐0047
PROMOTOR: Asociación Cultural Virxe de Lourdes e Santo Tirso
LOCALIZACIÓN: San Vicente de Leira (Vilamartín de Valdeorras)

ORZAMENTO ACEPTADO: 35.350,68 €
PORCENTAXE AXUDA: 80 %
IMPORTE AXUDA: 28.280,54 €

RECUPERACIÓN DA CAPELA DE SANTO TIRSO

Descrición do proxecto:

A intervención executada pretendeu recuperar o aspecto orixinal da capela de acordo cos criterios da Lei de Patrimonio Cultural de Galicia, así como servir de acicate para promover iniciativas de recuperación e posta en valor do seu entorno.

Executouse a recuperación do espazo arquitectónico da capela revertendo actuacións, aínda que con boa vontade, desafortunadas que fixeron perder o seo carácter de capela tradicional, recuperando o seu solado orixinal, recuperando a volumetría orixinal retirando o falso teito que esconde a súa estrutura, e de acordo coas exixencias referidas no catalogo do PXOM retirada e substitución dos morteiros de cemento por morteiros de cal tradicionais.