Anualidade 2018-2019 – Proxectos Non Produtivos Públicos

EXPEDIENTE: L18‐1920‐07‐0039
PROMOTOR: Concello de Larouco
LOCALIZACIÓN: Larouco

ORZAMENTO ACEPTADO: 47.500,00 €
PORCENTAXE AXUDA: 78 %
IMPORTE AXUDA: 37.050,00 €

ARRANXO DAS ANTIGAS ESCOLAS PARA VIVENDAS DE ALUGUER

Descrición do proxecto:

 

O concello posúe dous edificios de propiedade municipal que constitúen as antigas escolas de Larouco.

Na planta primeira, existían ocos diáfanos semiacondicionados. Nestes locais da primeira planta realizáronse obras de división e instalacións que permiten acondicionar vivendas para o seu posterior aluguer con carácter social.

Definíronse e valoráronse as actuacións necesarias para a división das plantas e o acondicionamento das vivendas coa finalidade de que se poidan adaptar o edificio existente para a súa utilización.

Os edificios están integrados por dúas unidades similares.

Atópanse divididos na súa planta alta en dous locais con entradas independentes e ventás á fachada anterior e posterior. O que permite acondicionar dúas vivendas en cada edificio, podendo dispoñerse dun total de catro vivendas