Anualidade 2018-2019 – Proxectos Produtivos

EXPEDIENTE: L18‐1920‐07‐0035
PROMOTOR: Movents Sport & Entertaiment, S.L.
LOCALIZACIÓN: Quereño (Rubiá)

ORZAMENTO ACEPTADO: 33.476,04 €
PORCENTAXE AXUDA: 50,00 %
IMPORTE AXUDA: 16.738,02 €
CREACIÓN EMPREGO: 1 UTA´s

MOVENTS: EXPERIENCIAS DEPORTIVAS 2.0

Descrición do proxecto:

 

O obxectivo deste proxecto é ser un referente no desenvolvemento e a xestión de experiencias deportivas, relacionadas todas elas co turismo activo e coa promoción da comarca de Valdeorras e os seus valores. A través dos nosos servizos os usuarios poderán gozar de todas as marabillas que ofrece a contorna, destacando especialmente o camiño de Santiago de Inverno e o parque natural Serra dá Lastra. Como principal servizo, queremos destacar o aluguer de bicicletas de montaña coa principal novidade do pedaleo asistido (eléctrico), tanto a través do camiño de inverno como por diferentes rutas do parque natural. Trátase de algo pioneiro na comarca, diferenciador e innovador. Doutra banda búscase fomentar a economía colaborativa da zona, impulsando, a través dos nosos dous eventos deportivos e os alugueres de bicicletas, a colaboración e a asociación entre diferentes entidades e negocios da Comarca, unidos todos por un beneficio común.

Aluguer de ebikes polo camiño de Santiago e a comarca de Valdeorras: contan cun servizo adaptado para todos os niveis e petos. Desde o máis simple (ruta libre), ao máis exclusivo, con asistencia personalizada e guiado en ruta.