Anualidade 2018-2019 – Proxectos Produtivos
EXPEDIENTE: L18‐1920‐07‐0051
PROMOTOR: Clean Technology, S.L
LOCALIZACIÓN: A Proba (O Barco de Valdeorras)
ORZAMENTO ACEPTADO: 391.067,61 €
PORCENTAXE AXUDA: 50 %
IMPORTE AXUDA: 195.533,81 €
CREACIÓN EMPREGO: 3 UTA´s
FABRICACIÓN DE XEO CRIOXÉNICO E PROXECCIÓN DO MESMO
Descrición do proxecto:
O proxecto ten como finalidade o acondicionamento dunha nave existente nun estado moi deteriorado en desuso no Concello de O Barco de Valdeorras, para a fabricación de xeo crioxénico. Na devandita nave alóxanse as máquinas necesarias para a fabricación do xeo seco.
Instalación de maquinaria para a fabricación de xeo crioxénico e proxección mediante máquina específica de proxectado crioxénico.
Está dirixido a sectores estratéxicos como a automoción, industria do moldeado, alimentación, industria do metal, construción naval, industria química, restauración, etc.
A limpeza de instalacións e maquinaria por chorreado de xeo seco, consiste na proxección a alta velocidade de pequenas partículas de xeo seco sobre a superficie a limpar.
Esta técnica de limpeza, permite a limpeza de instalacións e maquinaria sen a utilización de disolventes e sen deixar residuos de ningún tipo.