Anualidade 2018-2019 – Proxectos Produtivos

EXPEDIENTE: L18‐1920‐07‐0031
PROMOTOR: Matesil S.L.U.
LOCALIZACIÓN: A Rúa

ORZAMENTO ACEPTADO: 103.952,98 €
PORCENTAXE AXUDA: 42,20 %
IMPORTE AXUDA: 43.868,16 €
CONSOLIDACIÓN EMPREGO: 12,50 UTA´s
CREACIÓN EMPREGO: 2 UTA´s

MODERNIZACIÓN DA EMPRESA MANTESIL COA ADQUISICIÓN DE NOVIDOSOS EQUIPAMENTOS, PISTA MODULAR PARA PROBA DEPORTIVA O OCIO

Descrición do proxecto:

Mercaron a ultima novidade en canto a ocio se refire, unha pista inchable modular para proba deportiva e/ou de ocio.

Tratase dunha carreira con obstáculos inchables, onde a diversión e a acción social van da man. Con esta nova adquisición poden crear eventos orientados 100% a diversión e o deporte con obstáculos inchables como protagonistas, deseñados para seren superados tanto por adultos coma por nenos, independentemente da súa condición física. O proxecto consiste nunha pista modular de inchables, que en total sumará 230 metros, e será nestes intres a mais grande de Europa. Para a realización da actividade tamén foi preciso mercar 50 vallas e cronómetros para a proba deportiva. Tratase de marcar un trazado nunha localidade e distribuír o longo do mesmo os obstáculos e/ou probas, sempre divertidas, que os participantes deben superar, para poder continuar co recorrido da carreira. O final da mesma está situado o cronometro para ver quen foi o gañador.