Anualidade 2018-2019 – Proxectos Produtivos

EXPEDIENTE: L18‐1920‐07‐0043
PROMOTOR: Trevinca Skies, S.L.
LOCALIZACIÓN: Valdín (A Veiga)

ORZAMENTO ACEPTADO: 68.553,73 €
PORCENTAXE AXUDA: 50 %
IMPORTE AXUDA: 34.276,87 €
CONSOLIDACIÓN EMPREGO: 2 UTA´s

SERVICIO DE HOSTING TELESCOPIOS PARA ASTROFOTOGRAFÍA E PRODUCIÓN CIENTÍFICA

Descrición do proxecto:

O proxecto desenvolvido trátase do aluguer de prazas para instalación de telescopios para o seu uso de modo remoto.

Debido á crecente contaminación lumínica das cidades, cada vez son máis escasas as zonas nas que os afeccionados á astrofotografía e profesionais, poden levar a cabo a parte práctica da súa afección ou desenvolver cunhas mínimas garantías de calidade o seu labor científico.

Os catro observatorios colectivos permiten aloxar no seu interior 36 telescopios. A apertura e pechadura dos observatorios estará determinada polos datos recollidos pola estación meteorolóxica e o sensor de nubes, os clientes tamén terán acceso a estes datos para poder deste xeito, sincronizar os seus telescopios coa apertura do teito, aproveitando así ao máximo as horas de observación dispoñibles.

Este proxecto pretende ofrecer ademais, unha vía interesantísima no campo da educación e a divulgación científica. Xa que, colexios, institutos, universidades, asociacións de carácter científico e un longo etcétera, poderán aproveitar estas instalacións para a observación astronómica remota desde os seus propios centros en forma de, por exemplo, procura de asteroides, exoplanetas, supernovas ou simplemente a obtención de imaxes espectaculares do cosmos.

Así mesmo, o gran impacto mediático que terán os estudos e descubrimentos científicos que se levarán a cabo nestas instalacións, repercutirán de forma moi positiva na contorna e consagrarán definitivamente á Veiga como referente en Turismo Astronómico atraendo a un gran número de visitantes.