Anualidade 2018-2019 – Proxectos Produtivos

EXPEDIENTE: L18‐1920‐07‐0032
PROMOTOR: Cufa Cubiertas Ventiladas, S.L.
LOCALIZACIÓN: A Raña (O Barco de Valdeorras)

ORZAMENTO ACEPTADO: 227.170,00 €
PORCENTAXE AXUDA: 40,40 %
IMPORTE AXUDA: 91.776,68 €
CONSOLIDACIÓN EMPREGO: 11,89 UTA´s

INSTALACIÓN DE CENTRO DE TRANSFORMADOS PARA ESTRUTURAS DE MADEIRA

Descrición do proxecto:

Construíuse unha nave de 736,89 m2 nunha parcela do polígono industria de A Raña de O Barco de Valdeorras, parcela 227 cunha superficie de 2007 m2.

CUFA Cubiertas Ventiladas, S.L. foi creada no ano 2002 coa intención de abrirse un oco no mundo da cubrición de edificios. Os obxectivos e finalidades do proxecto executado, son a de contar cunhas dependencias para albergar as liñas para o mecanizado de madeira aos efectos de facer estruturas para cuberta principalmente, terrazas, etc… a medida, segundo o tipo de proxecto a executar. Con este proxecto trátase de completar unha liña produtiva que a empresa ten demanda e que por falta de infraestrutura non podía executar tendo que utilizar medios alleos, ou non poder ofertalos. Así mesmo pretendeuse reforzar as vendas a través de páxina web. Con iso preténdese unha maior oferta de produtos e servizos, conseguindo con iso un aumento do valor engadido, así como facer que a empresa sexa mais competitiva, e dotar á zona dun produto de fabricación propia que actualmente non existe.