Anualidade 2019-2020 – Proxectos non Produtivos

EXPEDIENTE: L19-1920-07-0067
PROMOTOR: Concello de O Barco de Valdeorras
LOCALIZACIÓN: Vilariño (O Barco de Valdeorras)

ORZAMENTO ACEPTADO: 48.684,21€
PORCENTAXE AXUDA: 76,00 %
IMPORTE AXUDA: 37.000,00 €

ADECUACIÓN DE ANTIGAS ESCOLAS DE VILARIÑO PARA TELECENTRO TIC

Descripción do proxecto:

Os edificios das antigas escolas situados nos pobos están sendo destinados a outros usos públicos sociais, como é o caso das escolas de Vilariño, que agora se pretende acondicionar interiormente e dedicar a telecentro, sala de informática e lugar de reunións, co fin de mellorar a accesibilidade ás tecnoloxías da información e comunicación (TIC) e o seu uso no medio rural.
As obras consisten no acondicionamento interior do edificio a nivel de instalacións, acabados e confort térmico; renovando a planta interior de madeira e as escaleiras de distribución; todo iso segundo descrición detallada do proxecto técnico.
Ademais dotarase con mobiliario e equipos informáticos proporcionados polo concello e necesarios para o uso como telecentro..