Anualidade 2019-2020 – Proxectos Non Produtivos Públicos

EXPEDIENTE: L19-1920-07-0066
PROMOTOR: Concello de A Veiga
LOCALIZACIÓN: Prada (A Veiga)

ORZAMENTO ACEPTADO: 41.142,84 €
PORCENTAXE AXUDA: 60,50 %
IMPORTE AXUDA: 24.891,42 €

CREACIÓN DO CENTRO DE PROCESADO DA FABA LOBA EN PRADA

Descrición do proxecto:

As actuacións recollidas na memoria valorada da solicitude do Concello de A Veiga, localízanse nunha edificación, cedida ao concello, na parte destinada da edificación creouse un centro de procesado de faba loba.

O espazo posto a disposición para este fin, por parte do concello, consiste en parta da planta baixa do bloque dereito dunha edificación do poboado de Endesa, que conta cunha entrada independente do resto da edificación da que forma parte.

O interior do espazo necesitou un acondicionamento para o fin de envasado de faba loba, moras e framboesa e noutros espazos un almacenamento de materiais, coa demolición de varios tabiques, co obxectivo de obter estancias diáfanas e funcionais, pero mantendo outros, xa que se adecúan ás necesidades solicitadas.

As obras para acondicionamento do espazo para a creación dun punto de envasado e procesado de faba loba foron as seguintes:
En primeiro lugar, pretendeuse dotar cun almacén o lugar, xa que con anterioridade dispoñía de varias salas dun tamaño moi reducido, para isto se demoleu os tabiques existentes e unificouse a zona norte da intervención. Na zona sur prateáronse dúas salas para o procesado e envasado da faba loba, para este fin mantívose as dúas salas xa que o seu tamaño adaptase ás necesidades descritas.

Na parte central, da cara este atopase situado un aseo que da servizo á intervención