Anualidade 2019-2020 – Proxectos non Produtivos Públicos

EXPEDIENTE: L19-1920-07-0065
PROMOTOR: Concello de Rubiá
LOCALIZACIÓN: A Veiga de Cascallá (Rubiá)

ORZAMENTO ACEPTADO: 47.999,77 €
PORCENTAXE AXUDA: 81,00 %
IMPORTE AXUDA: 38.879,81 €

ADECUACIÓN E DOTACIÓN DO LOCAL SOCIAL DE A VEIGA DE CASCALLÁ COMO TELECENTRO – AULA INFORMÁTICA

Descrición do proxecto:

O Concello de Rubiá precisa adecuar unha edificación para destinala a un telecentro e aula de informática destinada aos veciño (e visitantes) do pobo de A Veiga de Cascallá. Para o que é preciso a adecuación mediante reforma do local social de A Veiga de Cascallá e a dotación necesaria para acondicionar a aula de informática.
As obras consisten no acondicionamento interior do inmoble a nivel de instalacións, acabados e confort térmico; renovando a planta interior, todo iso segundo descrición detallada na memoria valorada.
Ademais dotarase con mobiliario e equipos informáticos necesarios para o uso como telecentro.
Tamén utilizarase enerxías renovables como unha estufa de biomasa (pellets).