Anualidade 2019-2020 – Proxectos Non Produtivos Públicos

EXPEDIENTE: L19-1920-07-0064
PROMOTOR: Concello de A Rúa
LOCALIZACIÓN: A Rúa

ORZAMENTO ACEPTADO: 76.616,17 €
PORCENTAXE AXUDA: 78,00 %
IMPORTE AXUDA: 59.760,61 €

MELLORA AMBIENTAL DA ÁREA RECREATIVA E PASEO DO AGUILLÓN

Descrición do proxecto:

Acondicionamento da zona para o seu uso no esparexemento e lecer público, incidindo fundamentalmente onde se produciu a maior degradación.
Zona “A Chopera”: Procederase á repoboación da zona de uso intensivo na que se sitúan os merendeiros, grellas e camiños peonís transitados.
Preténdese crear zonas de sombra que permita o desenvolvemento de actividades propias deste uso de maneira agradable e confortable.
Paseo do Aguillón: Habilitación dun paseo fluvial.
Aula da Natureza: Identificadas distintas especies arbóreas da zona “Arboretum” mediante carteis así como instalación dunha caseta de observación da fauna do entorno.
Os obxectivos previstos e mellorar a zona para o diversión dos veciños e visitantes.
O proxecto focalízase na mellora integral da área medioambiental que vincula ao Concello da Rúa co río Sil. Esta actuación que pretende mellorar a calidade de vida dos habitantes de A Rúa consolidando unha zona de lecer e actividades varias.
Zonas de paseo, praias fluviais, zona boscosa, parque biosaludábel.
Óptase por esta área pois presenta moitas potencialidades, unha vez recuperada, para o xurdimento de empresas vencelladas ao turismo activo, á hostalaría, ou á propia xestión medioambiental.