Anualidade 2019-2020 – Proxectos non Produtivos

EXPEDIENTE: L19-1920-07-0063
PROMOTOR: Concello de Vilamartín de Valdeorras
LOCALIZACIÓN: San Miguel de Outeiro (Vilamartín de Valdeorras)

ORZAMENTO ACEPTADO: 40.264,90 €
PORCENTAXE AXUDA: 75,50 %
IMPORTE AXUDA: 30.400,00 €

REHABILITACIÓN E POSTA EN VALOR DO CAMIÑO DE INVERNO

Descrición do proxecto:

Pola comarca de Valdeorras discorren 30 quilómetros do Camiño de Inverno. Nas aforas de San Miguel de Outeiro existe un tramo do camiño que discorre paralelo a estrada municipal ubicada entre a N-120 pola súa marxe dereita e a liña de ferrocarril na súa marxe esquerda, seguindo o curso do río Sil ata o límite do municipio. Este tramo presenta algúns desprendementos de terras, co conseguinte perigo para os usuarios do mesmo.

Tendo en conta que linda cun tramo de estrada importante para a comunicación co municipio veciño, así como a forte pendente da ladeira e a proximidade da infraestrutura do ferrocarril, optouse pola solución técnica consistente na realización dun muro de contención na marxe dereita ata a cota da estrada.
Unha vez executado o muro procedeuse a nivelar a superficie do camiño e estendeuse unha capa de xabre granítico.

A lonxitude total do tramo é de 454 metros e de unha anchura media duns 2,70 metros.