Anualidade 2019-2020 – Proxectos non Produtivos Públicos
EXPEDIENTE: L19-1920-07-0062
PROMOTOR: Concello de Carballeda de Valdeorras
LOCALIZACIÓN: Sobradelo (Carballeda de Valdeorras)
ORZAMENTO ACEPTADO: 64.999,01 €
PORCENTAXE AXUDA: 75,50 %
IMPORTE AXUDA: 49.074,25 €
RESTAURACIÓN DA PONTE CASAIO, XUNTO AO CRUCE DA N-536 E OU-122
Descrición do proxecto:
A Actuación é significativa e simbólica, ademais de representativa na poboación, polos acaeceres históricos da Ponte de Casaio.
Restauración da Ponte sobre o Rio Casaio, coñecido como ponte Casaio, reconstruíndo con fidelidade a súa orixe, respectando nel, as formas e materiais propios, co uso de cal hidráulica único material a utilizar nas fabricas de pontes históricas e de este modo asegurar a súa estabilidade e durabilidade no tempo.
Inclúense as actuacións de conformidade co contido do proxecto técnico redactado polo arquitecto D. Jose Luis Tamayo Gallego e xa informado favorablemente polo Servizo de Xestión Cultural da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura e Turismo como ben incluído no catálogo patrimonial de Galicia.
Sendo os destinatarios e beneficiarios os veciños do Municipio de Carballeda de Valdeorras, por un lado, e os habitantes da Comarca de Valdeorras.