Anualidade 2019-2020 – Proxectos non Produtivos Públicos

EXPEDIENTE: L19-1920-07-0069
PROMOTOR: Concello de Petín
LOCALIZACIÓN: Sampaio (Petín)

ORZAMENTO ACEPTADO: 37.500,00 €
PORCENTAXE AXUDA: 77,00 %
IMPORTE AXUDA: 28.875,00 €

REHABILITACIÓN E AMPLIACIÓN DE TELECENTRO EN SAMPAIO – PETÍN

Descrición do proxecto:

O Concello de Petín presenta un proxecto das necesidades de rehabilitación e ampliación dun telecentro en Sampaio, un núcleo pequeno, con poboación envellecida, baixa taxa de natalidade e pouca densidade de poboación.

O telecentro ten un importante impacto sobre a poboación rural, podendo ser empregado por tódolos habitantes de Sampaio sen ningún tipo de discriminación (persoas menores de 41 anos, maiores de 50 anos, persoas con discapacidade igual ou superior ao 33%, persoas con risco de exclusión social, etc.)

Coa realización do baño adaptado para discapacitados, mellorase a accesibilidade de persoas de mobilidade reducida.

A edificación na que se sitúa o telecentro responde á tipoloxía típica do medio rural de Valdeorras. Coa súa rehabilitación contribúese á posta en valor dun edificio tradicional de Sampaio.

Polo tanto, trátase dun proxecto de prioridade alta que localizase nunha zona despoboada e envellecida, que beneficia a todos os veciños sen ningún tipo de discriminación e mellora a calidade de vida dos seus veciños.

Ademais dotarase con mobiliario e equipos informáticos proporcionados polo concello e necesarios para o uso como telecentro.