Anualidade 2019-2020 – Proxectos Produtivos

EXPEDIENTE: L19‐1920‐07‐0070
PROMOTOR: Vilaberries SAT
LOCALIZACIÓN: Vilanova (A Veiga)

ORZAMENTO ACEPTADO: 24.898,04 €
PORCENTAXE AXUDA: 41,60 %
IMPORTE AXUDA: 10.357,58 €
CONSOLIDACIÓN EMPREGO: 1,23 UTA´s

ADQUISICIÓN DE VEHÍCULO DE TRANSPORTE PARA COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS AGRARIOS

Descrición do proxecto:

O proxecto foi para a adquisición dun vehículo para o transporte e comercialización dos produtos agrarios da empresa Vilaberries, SAT, sita na parroquia de Vilanova no Concello de A Veiga.

Dita empresa conta con dous códigos nacionais de actividades económicas: CNAE (0113) Cultivo de hortalizas, raíces e tubérculos e CNAE (0128) Cultivo doutras árbores e arbustos froiteiros e froitos secos.

O vehículo está afecto en exclusiva á actividade empresarial e da lugar ao inicio dunha actividade económica distinta á que ven desenvolvendo a empresa Vilaberries, SAT, xa que conta cunha nova división de código nacional de actividades económicas (CNAE) que é o (0230) Recolección de produtos silvestres.