Anualidade 2019-2020 – Proxectos Produtivos

EXPEDIENTE: L18-1920-07-0054
PROMOTOR: Pedro Domínguez Pérez
LOCALIZACIÓN: Casaio (Carballeda de Valdeorras)

ORZAMENTO ACEPTADO: 130.609,61 €
PORCENTAXE AXUDA: 50 %
IMPORTE AXUDA: 65.304,81 €
CREACIÓN EMPREGO: 1,5 UTA´s

CREACIÓN E POSTA EN MARCHA DE ALBERGUE TURÍSTICO CON ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS EN CASAIO

Descrición do proxecto:

Proxecto tivo como finalidade a posta en marcha dun Albergue Turístico con Actividades complementarias no núcleo de Casaio (Carballeda de Valdeorras), para iso mercaron material deportivo e de xogos.

Foi preciso a adquisición de unha finca de 1.600 m2, na cal se atopa a edificación destinada a uso de Albergue Turístico, duns 240 m2 distribuidos en dous andares, e a rehabilitación da mesma, segundo as normativas municipais, de urbanismo e de Turismo de Galicia. Ofertanse actividades complementarias de aventura ao aloxamento.