Anualidade 2019-2020 – Proxectos Produtivos

EXPEDIENTE: L19-1920-07-0081
PROMOTOR: Patricia Rodríguez Malvesada
LOCALIZACIÓN: Cesures (O Barco de Valdeorras)

ORZAMENTO ACEPTADO: 50.316,99 €
PORCENTAXE AXUDA: 50 %
IMPORTE AXUDA: 25.158,50 €
CREACIÓN EMPREGO: 0,5 UTA´s

APARTAMENTO RURAL “O PRADO DO FORNO”

Descrición do proxecto:

Proxecto tivo como finalidade a rehabilitación dunha vivenda para abrir ao público para turismo rural como “Apartamento Rural”. Este está situado nun pobo moi tranquilo próximo á vila de O Barco de Valdeorras.

A casa conta con 3 habitacións, un carto de baño, zona de lavadora, un almacén e unha gran cociña-salón. Os exteriores son amplos e unha zona moi boa para que os nenos xoguen tranquilamente. A terraza conta cunha zona de grellada e descanso. Para iso, illouse o teito e puxéronse fiestras con rotura de ponte térmico, ademais de poñer o chan con tarima. Creouse unha zona de descanso nos exteriores da casa e cambiouse a fachada.

O apartamento tiña dúas salas contiguas, comedor e cociña. Tiráronse as paredes necesarias para deixar unha única sala como cociña-salón. A cociña púxose nova e habilitouse unha zona para lavandería. Na terraza púxose un porche de madeira e unha varanda para separar esta zona das escaleiras, ademais dunha zona de grellada. Na zona da árbore, realizáronse movementos de terra para aplanar a superficie e poder poñer unha zona para xogo de nenos e unha zona para poder tomar o sol. Ofrece ademais múltiples actividades que ofertan outras empresas na zona tanto actividades rurais, deportivas ou gastronómicas.