Anualidade 2019-2020 – Proxectos Produtivos

EXPEDIENTE: L19-1920-07-0071
PROMOTOR: Miguel Ángel Fernández González
LOCALIZACIÓN: A Rúa

ORZAMENTO ACEPTADO: 112.638,77 €
PORCENTAXE AXUDA: 41,30 %
IMPORTE AXUDA: 46.519,81 €
CREACIÓN EMPREGO: 1 UTA´s

CENTRO DE FISIOTERAPIA E OSTEOPATÍA

Descrición do proxecto:

O proxecto consiste na creación dun centro de fisioterapia e osteopatía especializada en terapia manual. O local comercial está situado na rúa Campogrande de A Rúa.

A inversión consistiu na compra do local que non tiña un uso definitivo, sen divisións interiores, nin instalacións. Precisou de acondicionamento completo do mesmo para por en uso a actividade sinalada. Dotouse de instalacións, mobiliario, material clínico, creación de paxina web, instalación de sistemas de vídeo vixilancia, material de oficina, etc.

O obxecto é dar unha asistencia sanitaria de calidade, coas técnicas mais avanzadas á poboación da comarca de Valdeorras e a súa contorna.