Anualidade 2019-2020 – Proxectos Produtivos

EXPEDIENTE: L19-1920-07-0059
PROMOTOR: Ametlam, S.L.
LOCALIZACIÓN: A Veiga

ORZAMENTO ACEPTADO: 168.347,10 €
PORCENTAXE AXUDA: 50 %
IMPORTE AXUDA: 84.173,55 €
CONSOLIDACIÓN EMPREGO: 1,92 UTA´s
CREACIÓN EMPREGO: 2 UTA´s

OFICINA TÉCNICA DE SERVIZOS AGROFORESTAIS E MEDIOAMBIENTAIS AMETLAM S.L.

Descrición do proxecto:

O proxecto consiste na modernización e ampliación da empresa, motivada pola carga de traballo, o que fixo necesario a mellora na atención os clientes. Creouse unha oficina técnica orientada o ámbito agroforestal, na que os técnicos de AMETLAM S.L. poden desenrolar o seu traballo e onde os clientes dispoñen dun lugar físico para poder facer a súas consultas. Esta oficina conta con persoal cualificado no ámbito agrícola e forestal e con tódolos medios técnicos precisos para levar a cabo proxectos agrícolas, forestais e de enxeñería rural.

Con esta mellora na atención e co aumento dos medios tamén pretendese aumentar o número de clientes.

Esta ampliación da actividade levouse a cabo acondicionando unha oficina para poder traballar os técnicos de AMETLAM S.L. e os que debido a carga de traballo, foi preciso incorporar. Para o funcionamento desta oficina foi preciso incorporar ao persoal un técnico relacionado co ámbito forestal e unha administrativa. Para o desenrolo do traballo diario na oficina foi necesaria a compra de equipos informáticos e de impresión. En campo, para a realización de medicións, comprobacións, replánteos e outros traballos topográficos foi preciso a compra dun gps.