Anualidade 2019-2020 – Proxectos Produtivos

EXPEDIENTE: L19-1920-07-0073
PROMOTOR: Xagoaza Pinaster, S.L.
LOCALIZACIÓN: A Proba (O Barco de Valdeorras)

ORZAMENTO ACEPTADO: 392.062,60 €
PORCENTAXE AXUDA: 50 %
IMPORTE AXUDA: 196.031,30 €
CREACIÓN EMPREGO: 4 UTA´s

RESINACIÓN ECOLÓXICA DO PINO PINASTER GALEGO E A SÚA DESTILACIÓN EN COMPOÑENTES

Descrición do proxecto:

O proxecto de XAGOAZA PINASTER ten como finalidade a extracción da resina do piñeiro por un sistema innovador e ecolóxico e que non dana ao piñeiro como o método tradicional.
Co novo sistema innovador preténdese conservar todos os volátiles da resina e xa que logo conservar todas as súas propiedades inalteradas do compoñente mais valioso.
Preténdese aportar valor ás comunidades de montes e á industria madeireira, conservando o monte e limpándoo para o resinado.
O obxectivo primario é a súa destilación industrial para a obtención nunha primeira fase dos seus dous compoñentes: colofonia e trementina. Nunha segunda fase preténdese a obtención de compoñentes da trementina e colofonica como o alpha e beta pineno, moi demandados na industria farmacéutica e química.
O método a aplicar nace dun desenvolvemento dun proxecto de I+D+I e pretenden renovalo, melloralo e implantalo no piñeiro galego