Anualidade 2020-2021 – Proxectos Produtivos

EXPEDIENTE: L20‐1920‐07‐0103
PROMOTOR: Albergue Montañas de Trevinca, S.L.
LOCALIZACIÓN: A Veiga

ORZAMENTO ACEPTADO: 393.000,00 €
PORCENTAXE AXUDA: 50 %
IMPORTE AXUDA: 196.500,00 €
CONSOLIDACIÓN EMPREGO: 0,5 UTA´s
CREACIÓN EMPREGO: 2,5 UTA

ALBERGUE MONTAÑAS DE TREVINCA

Descrición do proxecto:

Creación dun establecemento hostaleiro, albergue rural, de dúas plantas, de prezos económicos, con obxectivo de promocionar as actividades no concello de A Veiga, a súa excelente localización permite que os usuarios estean nas zonas máis representativas e con maior interese turísticos do Concello.

O obxectivo é satisfacer as necesidades de hospedaxe existente entre os visitantes do Concello, e os asistentes de diversas actividades promocionadas polo mesmo, tales como actividades levadas a cabo polo observatorio.

A actividade hostaleira consiste en ofrecer servizo de camas e comedor aos clientes, atendidos por persoal cualificado. Os medios materiais necesarios para realizar a actividade son os relacionados coa actividade de hostaleira, (camas, instrumentos de cociña…), e o persoal para atender este servizo dependerá dos clientes existentes das diversas épocas do ano.