Anualidade 2020-2021 – Proxectos Produtivos

EXPEDIENTE: L20‐1920‐07‐0099
PROMOTOR: Xtudio Networks, S.L.U.
LOCALIZACIÓN: Tremiñá (O Barco de Valdeorras)

ORZAMENTO ACEPTADO: 179.885,61 €
PORCENTAXE AXUDA: 50 %
IMPORTE AXUDA: 89.942,81 €
CONSOLIDACIÓN EMPREGO: 5,63 UTA´s
CREACIÓN EMPREGO: 1 UTA

APARTAMENTOS TURÍSTICOS EN TREMIÑÁ

Descrición do proxecto:

O proxecto tivo como obxectivo a recuperación dunha edificación existente sita en Tremiñá, municipio do Barco de Valdeorras para destinala a dous apartamentos turísticos. A edificación ten unha localización próxima ao Camiño de Inverno, potenciando o seu atractivo para atender a demanda de aloxamento do turismo na comarca. Distribúese en dous andares da seguinte forma:
‐Planta baixa: apartamento turístico 1 con salón – comedor – cociña con 1 dormitorio e baño.
‐Planta primeira: apartamento turístico 2 con salón – comedor‐ cociña con 2 dormitorios, baño e rocho.
A finalidade do proxecto foi a explotación e xestión integral do aluguer dos apartamentos turísticos, ofrecendo aos clientes servizos complementarios a través da súa páxina web, de paquetes de estancia que inclúen actividades de enoturismo con distintas adegas da comarca, actividades de sendeirismo en rutas próximas e actividades cinexéticas de caza en colaboración con varios cotos de caza..