Anualidade 2021-2022 – Non Produtivos Públicos

EXPEDIENTE: L21‐1920‐07‐0119
PROMOTOR: Concello do Bolo
LOCALIZACIÓN: Celeirós (Concello do Bolo)

ORZAMENTO ACEPTADO: 48.150,00 €
PORCENTAXE AXUDA: 62,50 %
IMPORTE AXUDA: 30.093,75 €

RECONSTRUCIÓN DE EDIFICACIÓN EXISTENTE PARA LOCAL SOCIAL NA LOCALIDADE DE CELEIRÓS.

Descrición do proxecto:

O Concello do Bolo propuxo a rehabilitación e ampliación da edificación actual, cun volume similar ás edificacións tradicionais existentes no núcleo rural. Construída con materiais tradicionais propios da zona, garantindo o mínimo impacto visual sobre a paisaxe e a mínima alteración do relevo natural do terreo. O tratamento das fachadas, a morfoloxía dos ocos e a solución da cuberta foron coherentes coas tipoloxías do contorno.
As características estéticas e construtivas e os materiais, cores e acabados son acordes coa paisaxe rural. O edificio ten planta baixa, situase no mesmo lugar que o existente e polas súas reducidas dimensións foi necesario realizar unha ampliación da superficie para garantir que a nova construción cumpre o programa mínimo de necesidades do uso ao que se vai destinar.
Esta formado por un espazo para o propio local social, un almacén e un aseo adaptado. A distribución busca obter o máximo aproveitamento posible da superficie construída. A intervención dotou á vila de Celeirós dun servizo público que lle permite contribuír á mellora das condicións de vida dos seus habitantes, posibilitando a creación de actividade económica e o establecemento de poboación.