Anualidade 2021-2022 – Non Produtivos Públicos

EXPEDIENTE: L21‐1920‐07‐0227
PROMOTOR: Concello de Larouco
LOCALIZACIÓN: Larouco

ORZAMENTO ACEPTADO: 38.679,10 €
PORCENTAXE AXUDA: 84,00 %
IMPORTE AXUDA: 32.490,44 €

RUTA ROMANA DO VIÑO: RECUPERACIÓN PATRIMONIAL, PAISAXISTICA E ETNOGRÁFICA DO CONCELLO DE LAROUCO.

Descrición do proxecto:

O O proxecto ten coma finalidade a creación e dotación de servizos dunha senda peonil que sirva de conexión entre os dous principais núcleos do concello: a capital sita ao medio e a poboación de Seadur ao norte. Para iso crease unha ruta circular temática que discorre polos principais atractivos turísticos do lugar. Creando non só un equipamento recreativo e saudable para uso da propia veciñanza, senón tamén un produto de enoturismo co que extraer rendibilidade socioeconómica á estratéxica situación do concello de Larouco entre dúas denominacións de orixe e aumentado o interese turístico do concello de Larouco, presentado unha oferta complementaria para aqueles visitantes que se introducen na comarca en dirección a Ribeira Sacra ou Trives.
O obxectivo principal é a posta en valor e recuperación da riqueza patrimonial, paisaxística, etnográfica, histórica e cultural dos puntos de interese do concello de Larouco. Empregando como eixo vertebral de tal acción a importante actividade vitivinícola na zona e unha vía de comunicación milenaria (Vía Nova) que atravesa lonxitudinalmente o municipio.