Anualidade 2021-2022 – Proxectos Produtivos

EXPEDIENTE: L21‐1920‐07‐0238
PROMOTOR: SORAYA DOCAMPO GARCÍA
LOCALIZACIÓN: Sobradelo (Carballeda de Valdeorras)

ORZAMENTO ACEPTADO: 106.676,74 €
PORCENTAXE AXUDA: 50 %
IMPORTE AXUDA: 50.745,61 €
CONSOLIDACIÓN EMPREGO: 0,75 UTA´s
CREACIÓN EMPREGO: 1,25 UTA´s

APARTAMENTOS TURÍSTICOS A PONTEVELLA SOBRADELO.

Descrición do proxecto:

O proxecto consistiu na creación de novas prazas para aloxamento, é unha AMPLIACIÓN do Aloxamento Pensión A Pontevella Sobradelo. O inmoble está situado xunto á pensión, no Concello de Carballeda de Valdeorras e constará de:
*Apartamento 1 con salón-cociña, baño e dormitorio.
*Apartamento 2 situada a nivel de rúa, pensado para dar servizo aos clientes con mobilidade reducida, ten cociña e unha zona de salón-comedor e un aseo minusválidos, na planta baixa conta cun dormitorio e un baño.
*Ten un salón social para os clientes e poder gozar coa familia ou amigos.
A promotora o que pretendeu e describiu correctamente é ampliar a pensión con estes apartamentos para dar servizo a clientes con mobilidade reducida e facilitar o aloxamento para as familias con espazos máis grandes e con máis intimidade que a pensión.
O servizo ofertado é de aloxamento e almorzo baixo demanda, tamén realiza a xestión de diversas actividades que ofrecen outras empresas da zona para os clientes, de aventura ou deportiva, ou simplemente gastronómica, Ruta de adegas, etc.
Os clientes tamén teñen a oportunidade de estar en contacto co mundo agrícola e gandeiro, colleitar  froitos e produtos da horta, recolleita castaña, vendima tradicional.