Anualidade 2021-2022 – Proxectos Produtivos
EXPEDIENTE: L21‐1920‐07‐0235
PROMOTOR: HESTIA INVERSIONES 2020, S.L.
LOCALIZACIÓN: Casaio (Carballeda de Valdeorras)
ORZAMENTO ACEPTADO: 45.945,30 €
PORCENTAXE AXUDA: 50 %
IMPORTE AXUDA: 22.972,65 €
CONSOLIDACIÓN EMPREGO: 0,49 UTA´s
CREACIÓN EMPREGO: 4 UTA´s
EQUIPAMIENTO PARA RUTAS DE ECOTURISMO EN HOTEL DE MONTAÑA PEÑA TREVINCA.
Descrición do proxecto:
HESTIA INVESTIMENTOS 2020 SL preséntase como unha compañía especializada en servizos de aloxamento e hospedaxe, restauración, cafeterías, catering e actividades anexas ou complementarias ás anteriores cuxos mercados fundamentais son turistas amantes da natureza, montañismo e actividades turísticas de innovación, turismo de experiencias nas que se engloba tamén o turismo industrial (actividade de pizarra e minera). Dentro desta empresa atópase o Hotel Pena Trevinca, un hotel de montaña de categoría 1 estrela, que se encargará do servizo de hóspedes, de restauración, ofrecendo como servizo complementario servizo de equipamento para engadir á oferta de lecer do hóspede do hotel.
O obxectivo é que o hóspede aumente o abanico de actividades para realizar, na súa estancia no hotel, aumentando a calidade do servizo nunha zona con enorme potencial turístico. O equipamento que pretenden ofrecer ao cliente serán bicicletas eléctricas, raquetas de neve, un quad, entre outros. Ademais da sinalización das rutas ecoturísticas máis importantes e que identifican esta contorna, a ruta ao cume de Galicia ou a ruta botánica ao “Teixadal de Casaio”.
Outro servizo que se incluíu, debido ao crecente nicho de mercado, pola actual situación sanitaria provocada polo COVID 19, é unha instalación no recinto do hotel dun Parking de Caravanas para dar servizo á demanda deste tipo de turismo.
A finalidade do proxecto é afianzar o hotel Pena Trevinca como referente de hotel de montaña con servizos turísticos de sostenibilidade