Anualidade 2021-2022 – Proxectos Produtivos

EXPEDIENTE: L21‐1920‐07‐0230
PROMOTOR: PADEL CLUB VALDEORRAS, S.L.
LOCALIZACIÓN: A Raña (O Barco de Valdeorras)

ORZAMENTO ACEPTADO: 283.103,55 €
PORCENTAXE AXUDA: 50 %
IMPORTE AXUDA: 141.551,77 €
CREACIÓN EMPREGO: 2 UTA´s

PADEL CLUB VALDEORRAS.

Descrición do proxecto:

Este proxecto consistiu na compra dunha parcela, a construción dunha nave na que se instalaron 4 pistas de Padel, vestiarios e unha cafeteria.
O obxectivo é cubrir as necesidades cada vez maiores da poboación da comarca de Valdeorras e arredores xa que para poder practicar padel nun club cuberto teñen que desprazarse xa sexa a:
  • Camponaraya (León) – Padel Club Bierzo, que dista do Barco de Valdeorras a 38 km.
  • Ponferrada (León) – Padel Indoor, que dista do Barco de Valdeorras a 53 km.
  • Monforte de Lemos (Lugo) – Lemos Padel, que dista do Barco de Valdeorras a 71km.
A parcela esta sita en A Raña , Cesures (O Barco de Valdeorras), parcela 213, fase 2-3 de 2.131,00 m2. A nave que se construíu é de 1.300,00 m2 e 8,00 m de altura, na cal se instalaron as 4 pistas de padel. No club tamén se imparten clases de padel por un dos o cal é monitor titulado de padel e conta cunha experiencia de mais de 5 anos impartindo clases.