Saúdo da presidenta


Como presidenta do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR7) de Valdeorras, quero darlles a benvida o noso sitio web. Un portal que ten como misión ofrecer información sobre os servizos que prestamos e sobre as actividades e proxectos nos que estamos traballando.

Noso obxetivo como Grupo, conformado no abeiro do programa europeo Leader 2014-2020, é actuar coma unha entidade catalizadora de ideas e propostas que emanen dos propios habitantes de Valdeorras e repercutan no  seu entorno máis inmediato.

Mediante este enfoque “de abaixo a arriba”, tan característico do programa Leader, pretendemos vertebrar iniciativas que axuden o mantemento do noso medio rural vivo, a fixar poboación na comarca e a dinamizar a economía das nosas comunidades locais.

Iniciativas que, por suposto, poden sernos tamén trasladadas a través das novas tecnoloxías e, especialmente, a través deste portal web. Por iso, quero animar a todos os usuarios de internet que veñen ata ista páxina a navegar polo noso portal para coñecer máis polo miúdo os traballos que realizamos.

E tamén a trasladarnos todas aquelas suxerencias e ideas que nos permitan optimizar noso traballo.

¡Asegúrolles que todas as vosas aportacións serán benvidas!

Mª Carmen González

Presidenta da Asociación GDR Valdeorras