Bases Reguladoras
2025 – Bases reguladoras das axudas para a execución de operacións en apoio de terceiras persoas que se tramiten a o abeiro da Intervención Leader, cofinanciadas co Feader no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 (PEPAC), e a convocatoria para o ano 2025
MODIFICACIÓN – Bases reguladoras das axudas para a execución de operacións en apoio de terceiras persoas que se tramiten a o abeiro da Intervención Leader, cofinanciadas co Feader no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 (PEPAC), e a convocatoria para o ano 2025.
Normativa
Normativa autonómica:
Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (LSG).
Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (RLSG).
Acordo do 20 de abril de 2022 polo que se aproban as bases reguladoras para a selección de organizacións candidatas a converterse en entidades colaboradoras na medida Leader de Galicia para o período 2023-2027, para a concesión de axudas orientadas á adquisición de capacidades e para accións preparatorias en apoio do deseño das futuras estratexias de desenvolvemento local participativo para o período de programación 2023-2027, cofinanciadas polo fondo Feader, e para a aprobación de estratexias de desenvolvemento local, así como a correspondente convocatoria, para as anualidades 2022 e 2023 (código de procedemento MR701F)
Resolución do 27 de abril de 2023 pola que se establecen as condicións e os obxectivos para garantir a idónea execución da Intervención Leader de Galicia para o período 2023-2027, así como as regras para a elaboración das estratexias e os criterios de puntuación referidos aos territorios que se correspondan coas estratexias de desenvolvemento local que sexan seleccionadas.
Normativa estatal:
Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público
Lei 30/2022, do 23 de decembro, pola que se regulan o sistema de xestión da política agrícola común e outras materias conexas.
Real decreto 1047/2022, do 27 de decembro, polo que se regula o sistema de xestión e control das intervencións do Plan estratéxico e outras axudas da política agrícola común.
Real decreto 147/2023, do 28 de febreiro, polo que se establecen as normas de aplicación de penalizacións recollidas no Plan estratéxico da política agrícola común e se modifican varios reais decretos polos que se regulan distintos aspectos relacionados coa aplicación en España da política agrícola común para o período 2023-2027.
Normativa Comunitaria:
Plan estratéxico da PAC 2023-2027 (PEPAC) de España para a axuda da Unión financiada polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) e o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), aprobado pola Decisión de execución da Comisión C (2022) 6017 final, do 31 de agosto de 2022
Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establecen as disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os devanditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de apoio financeiro á xestión de fronteiras e a política de visados.
Regulamento (UE) 2021/2115, do 2 de decembro de 2021, polo que se establecen normas en relación coa axuda aos plans estratéxicos que deben elaborar os Estados membros no marco da PAC (plans estratéxicos da PAC), financiada con cargo ao Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) e ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e polo que se derrogan os regulamentos (UE) 1305/2013 e (UE) 1307/2013.
Regulamento (UE) 2021/2116, do 2 de decembro de 2021, sobre o financiamento, a xestión e o seguimento da política agrícola común e polo que se derroga o Regulamento (UE) 1306/2013.
Regulamento de execución (UE) 2022/1475 da Comisión, do 6 de setembro de 2022, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello no que incumbe á avaliación dos plans estratéxicos da PAC e á subministración de información para o seguimento e a avaliación.
Corrección de erros do Regulamento (UE) 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021, polo que se establecen normas en relación coa axuda aos plans estratéxicos que deben elaborar os Estados membros no marco da política agríola común (plans estratéxicos da PAC), financiada con cargo ao Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) e ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e polo que se derrogan os regulamentos (UE) 1305/2013 e (UE) 1307/2013.
Regulamento delegado (UE) 2022/1408 da Comisión, do 16 de xuño de 2022, polo que se modifica o Regulamento (UE) 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello no que incumbe ao pagamento de anticipos para determinadas intervencións e medidas de apoio recollidas no Regulamento (UE) 2021/2115
Regulamento de execución (UE) 2022/1173 da Comisión, do 31 de maio de 2022, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello, no que respecta ao sistema integrado de xestión e control da política agrícola común
Regulamento (UE) 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro de 2023, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.