Resolución sobre a selección da Asociación Grupo de Desenvolvemento Rural Valdeorras como organización candidata a converterse en entidade colaboradora na Medida Leader de Galicia para o Período 2023-2027, así como para a concesión dunha subvención orientada á adquisición de capacidades e para accións preparatorias en apoio do deseño das futuras estratexias de Desenvolvemento Local Participativo para o período de programación 2023-2027.

PARTICIPA NO DESEÑO DA ESTRATEXIA DE DESENVOLVEMENTO LOCAL 2023 – 2027

Cartel-participa-1

Queremos contar co maior número posible de voces, a túa opinión é moi importante para nós.

É moi importante a participación de todos para o desenvolvemento da Comarca de Valdeorras.

A participación é aberta e queremos coñecer a opinión de todos sobre as necesidades e/ou prioridades para o desenvolvemento de Valdeorras. Se traballas ou queres traballar na comarca, participa na nosa enquisa.

  https://forms.gle/8DLWi3KPUfFn7FCS8