Anualidade 2017-2018 – Proxectos non Produtivos

EXPEDIENTE: L17‐1920‐07‐0014
PROMOTOR: Obispado de Astorga
LOCALIZACIÓN: Lardeira (Carballeda de Valdeorras)
ORZAMENTO ACEPTADO: 63.975,16 €
PORCENTAXE AXUDA: 90,00 %
IMPORTE AXUDA: 57.577,64 €
OBRAS ACONDICIONAMENTO IGREXA PARROQUIAL DE SANTO TIRSO (LARDEIRA ‐ CARBALLEDA DE VALDEORRAS)
Descrición do proxecto:
Este edificio está incluído no catálogo de bens obxecto de protección do plan urbanístico do Concello de Carballeda de Valdeorras.
Trátase dunha recuperación patrimonial de interese histórico, relixioso, cultural e turístico.
Os traballos realizados para a rehabilitación da igrexa comezaron pola recuperación do pavimento existente, mantendo no posible a pedra orixinal que estaba baixo o pavimento existente.
Construción dun pórche na entrada sur seguindo os criterios construtivos típicos nestes edificios, segundo o existente hai anos.
Restauración e conservación dos teitos existentes orixinais.
Revestimento dos paramentos verticais interiores e exteriores.
Son moitos os que desexan visitar o templo por razóns moi diversas. É necesario ordenar esa afluencia de persoas respectando as súas lexítimas motivacións que van desde o estritamente cultural ao estritamente relixioso. A Parroquia establece por iso, un horario de Culto e un horario de Visita Cultural. O horario de Visita Cultural e Turística esta xestionado e ordenado por veciños da parroquia para facilitar a visita ao templo e de particulares. A Parroquia só ten un fin relixioso e social.