Anualidade 2017-2018 – Proxectos non Produtivos

EXPEDIENTE: L17‐1920‐07‐0021
PROMOTOR: Concello de A Veiga
LOCALIZACIÓN: A Veiga e Valdín (A Veiga)

ORZAMENTO ACEPTADO: 37.904,07 €
PORCENTAXE AXUDA: 70,00 %
IMPORTE AXUDA: 26.532,85 €

ACONDICIONAMENTO DE PARQUES INFANTÍS NOS NÚCLEOS DE A VEIGA E VALDíN

A Veiga

Valdín

Descrición do proxecto:

As obras que se levaron a cabo son a remodelación de dous parques infantís en dous núcleos do municipio de A Veiga: No núcleo de A Veiga e Valdín.
O de A Veiga atopábase moi deteriorado polo seu uso. Pretendeuse remodelar integramente o solo e substituír os elementos de xogo que estaban rotos, para así evitar riscos aos usuarios. Pretendeuse dotar de novos xogos para proporcionar variedade aos nenos que fan uso del.

O de Valdín, a ubicación elixida para o parque infantil, foi a explanada do recinto do actual parque biosaludable.

Acondicionouse parte da explanada, para dedicalo a parque infantil, delimitando o recinto cunha vala perimetral acorde coa normativa vixente. Dotouse ao parque de xogos para proporcionar diversión e entretemento aos nenos.

Os parques infantís son un dos espazos recreativos onde máis tempo pasan os nenos, polo que a seguridade dos seus elementos de xogo resulta fundamental  para evitar accidentes.