Anualidade 2017-2018 – Proxectos non Produtivos
EXPEDIENTE: L17‐1920‐07‐0015
PROMOTOR: Concello de Vilamartín de Valdeorras
LOCALIZACIÓN: Vilamartín de Valdeorras
ORZAMENTO ACEPTADO: 62.920,00 €
PORCENTAXE AXUDA: 90,00 %
IMPORTE AXUDA: 56.628,00 €
ADECUACIÓN DE ALBERGUE MUNICIPAL AO DECRETO 48/2015, DE 21 DE ABRIL
Descrición do proxecto:
O albergue municipal sitúase na zona recreativa de «O Bañadoiro», ao carón do río Sil e de varias dotacións deportivas municipais. ademais de localizarse na ruta do «Camiño de Inverno», foco turístico da zona e que está alcanzando gran popularidade e afluencia de peregrinos nos últimos tempos.
Conscientes deste feito, a corporación municipal considerou importante solventar a serie de deficiencias que impedían o cumprimento da normativa vixente ao respecto de albergues e a súa adecuación para uso como albergue de segunda categoría.
O albergue obxecto da adecuación desenvólvese nunha única planta e realizáronse principalmente modificacións consistentes na reorganización dos espazos de baños e habitacións, engadindo un baño para persoas con mobilidade reducida, mellora da envolvente exterior e dotación dun sistema de calefacción das estancias.
O número de usuarios do albergue tras a modificación é de 44 prazas desenvolvéndose en dúas habitacións de carácter colectivo, tres baños, unha sala de estar, un almacén e unha zona de lavado e secado de roupa.