Anualidade 2017-2018 – Proxectos non Produtivos

EXPEDIENTE: L17‐1920‐07‐0001
PROMOTOR: Concello de Carballeda de Valdeorras
LOCALIZACIÓN: Sobradelo (Carballeda de Valdeorras)

ORZAMENTO ACEPTADO: 54.559,75 €
PORCENTAXE AXUDA: 90,00 %
IMPORTE AXUDA: 49.103,78 €

ACONDICIONAMENTO DO ESPAZO URBANO DO ENTORNO DA PONTE CASAIO

Descrición do proxecto:

O proxecto consiste no acondicionamento dun espazo urbano que actúa como mirador do entorno da ponte medieval sobre o río Casaio, e a súa escarpada paisaxe.

As obras realizadas foron:
‐Demolición das pérgolas de madeira existentes e derriba ou recorte dos alicerces existentes.
‐Levantamento de muros de contención ás alturas indicadas para a conformación da plataforma do mirador.
‐Revestimento das caras vistas de devanditos muros con mampostería concertada de lousa.
‐Preparación da cimentación do mobiliario de formigón e do apeadeiro.
‐Construción da estrutura correspondente ao mobiliario urbano e do apeadeiro.
‐Dotar á praza de infraestrutura de alumado público.
‐Finalmente realizaranse os pavimentos de empedres e lousas e cuarcitas de ambas plataformas.