Anualidade 2017-2018 – Proxectos non Produtivos

EXPEDIENTE: L17‐1920‐07‐0012
PROMOTOR: Concello de Rubiá
LOCALIZACIÓN: Serra da Enciña da Lastra (Rubiá)

ORZAMENTO ACEPTADO: 29.711,40 €
PORCENTAXE AXUDA: 89,29 %
IMPORTE AXUDA: 26.529,31 €

REHABILITACIÓN ARQUEOLÓXICA: LIMPEZA E POSTA EN VALOR DUN TRAMO DA VÍA NOVA NA SERRA DA ENCIÑA DA LASTRA

Descrición do proxecto:

Limpeza, levantamento topográfico, sondaxes e sinalización dun treito de Vía Romana na Serra da Enciña da Lastra (Robledo, Rubiá).

A intervención foi encamiñada a valorización inicial do treito de vía romana conservado neste singular paraxe do Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra coa finalidade de analizar as súas patoloxías, a realización dun estudo detallado das súas características construtivas, sinalización e levantamento topográfico cara a programación de futuras actuacións de rehabilitación e posta en valor necesarias para a recuperación histórica, cultural e social como complemento importante dentro das actividades e ofertas do Parque Natural.

Sinalización por medio de tres paneis explicativos situados un ao principio da traza outro nunha posición intermedia e outro ao final.