Anualidade 2017-2018 – Proxectos non Produtivos
EXPEDIENTE: L17‐1920‐07‐0008
PROMOTOR: Concello de Larouco
LOCALIZACIÓN: Freixido (Larouco)
ORZAMENTO ACEPTADO: 20.939,39 €
PORCENTAXE AXUDA: 90,00 %
IMPORTE AXUDA: 18.845,45 €
REHABILITACIÓN E AMPLIACIÓN DE TELECENTRO EN FREIXIDO‐LAROUCO
Descripción do proxecto:
O telecentro de Freixido está situado nun edificio de dúas plantas que presenta certas carencias e deficiencias, que se pretenden emendar.
A planta baixa, cunha superficie útil de 32,55 m2, non dispoñía de aseos, polo que se considerou necesaria a ampliación da mesma para a execución dun aseo, evitando así que as persoas maiores que necesiten o seu uso, teñan que acceder por unhas escaleiras exteriores á planta alta, onde se atopa o aseo actualmente, xa que esta acción podería resultar perigosa.