Anualidade 2017-2018 – Proxectos non Produtivos
EXPEDIENTE: L17‐1920‐07‐0004
PROMOTOR: Concello de Petín
LOCALIZACIÓN: Petín
ORZAMENTO ACEPTADO: 42.798,99€
PORCENTAXE AXUDA: 90,00 %
IMPORTE AXUDA: 38.519,09€X
ADAPTACIÓN EDIFICIO A TELECENTRO EN PETÍN
Descrición do proxecto:
O proxecto consiste na execución na planta baixa de un aseo de minusválidos.
A planta alta ten acceso a través dunhas escaleiras interiores. Nesta planta situouse unha sala de ordenadores con acceso a Internet.
Para acondicionar a sala de ordenadores derribáronse varios tabiques , colocándose unha nova porta e dotándose dos enchufes necesarios.
Tamén se dotou o edificio dun ascensor para que poida ser utilizado por persoas en cadeira de rodas e accedan con facilidade á planta primeira.