Anualidade 2017-2018 – Proxectos Produtivos

EXPEDIENTE: L17‐1920‐07‐0007
PROMOTOR: Mantesil, S.L.U.
LOCALIZACIÓN: A Rúa

ORZAMENTO ACEPTADO: 84.000,00 €
PORCENTAXE AXUDA: 38,91 %
IMPORTE AXUDA: 32.686,96 €
CONSOLIDACION EMPREGO: 10,24 UTA´s

MODERNIZACIÓN DE EQUIPAMENTOS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES RECREATIVAS NAS ZONAS RURAIS DE VALDEORRAS

Descrición do proxecto:

Adquisición dunha pista de patinaxe portátil sobre xeo sintético, estas instalacións non teñen custos ecolóxicos, xa que non consumen nin unha gota de auga nin de electricidade. A pista está composta de paneis, e vallas, en total fórmanse 180m2. Con estas pistas pódese patinar en calquera época do ano, coa sensación do patinaxe sobre xeo.

Adquisición dun parque de aventura portátil, é un circuíto formado por diversos tipos de pontes colgantes e xogos de altura, montados con cables de aceiro, cordas e madeira que se unen con plataformas instaladas sobre postes.

Pode montarse sen necesidade de cimentación e ser trasladado de un lugar a outro. Este parque e 100% seguro, xa que leva unha liña de vida continua, os participantes nunca poden caer xa que dende que entran ata que saen están anclados o cable de liña de vida.

Inchable slide tubby, tobogán deslizador que non precisa auga para deslizar, os usuarios séntanse nuns flotadores e grazas o seu material súper deslízante alcanzan a velocidade semellante os parques de atraccións. Este novo inchable pode colocarse tamén para que o final sexa nunha piscina.

Mantesil ten como clientes a case tódolos concellos da comarca (Rubiá, Petín, Viana, A Veiga, Trives, O Bolo, O Barco, ….).