Anualidade 2017-2018 – Proxectos Produtivos

EXPEDIENTE: L17‐1920‐07‐0019
PROMOTOR: Pascual Álvarez Escuredo
LOCALIZACIÓN: Vilamartín de Valdeorras

ORZAMENTO ACEPTADO: 29.540,43 €
PORCENTAXE AXUDA: 50,00 %
IMPORTE AXUDA: 14.770,22 €
CONSOLIDACION EMPREGO: 1 UTA´s

MELLORAS TECNOLÓXICAS EN INDUSTRIA CÁRNICA DE PEQUENA CAPACIDADE PARA VENTA EN CARNICERÍAS PROPIAS

Descrición do proxecto:

O proxecto de inversión consiste na realización de melloras tecnolóxicas na industria cárnica de pequena capacidade que elabora embutidos e salazóns de porcino para abastecemento e venta nas carnicerías propias, as melloras consistiron na realización dun secadoiro natural para curado de embutidos e salgaduras, aproveitando un local existente na edificación e a merca de carros de aceiro inox para colgar embutidos e salgaduras no secadoiro, así como a instalación dunha báscula aérea para o pesaxe das canais de porcino que se reciben. Polo exposto as obras que se realizaron son de gran sinxeleza técnica e non requiriron a realización de estrutura, consistindo principalmente en tabiquería, soleiras, falsos teitos e carpintería para porta de acceso e ventás de ventilación. Ademais da correspondente instalación eléctrica e a dotación de carros para colgue das pezas a curar e a merca e instalación da báscula aérea.