Anualidade 2017-2018 – Proxectos Produtivos
EXPEDIENTE: L17‐1920‐07‐0017
PROMOTOR: Salud Laboral Gallega S.L.
LOCALIZACIÓN: O Barco de Valdeorras
ORZAMENTO ACEPTADO: 5.445,45 €
PORCENTAXE AXUDA: 36,00 %
IMPORTE AXUDA: 1.960,36 €
CONSOLIDACION EMPREGO: 4,35 UTA´s
MELLORAS TÉCNICAS EN CLÍNICA DE PREVENCIÓN LABORAL E SERVIZOS TÉCNICOS DE PREVENCIÓN
Descrición do proxecto:
Como resposta á crecente preocupación existente na nosa sociedade pola problemática derivada dos accidentes de traballo, promúlgase a lei de prevención de riscos laborais, regulamento e ordes que a desenvolven.
Estas leis conteñen unha das ferramentas máis útiles na prevención dos riscos laborais, os servizos de prevención de riscos laborais e dentro destes servizos a modalidade dos servizos de prevención alleos, que pola súa estrutura e funcionamento poden ser os máis atractivos para empresas, empresarios e traballadores.
Co fin de axudar ás empresas no cumprimento da lexislación en materia de prevención e contribuír ao descenso da sinistralidade laboral, a empresa Saúde Laboral Galega, S.L. presentou o seu proxecto como servizo de prevención alleo.
Para a elaboración do presente proxecto de mellora, fíxose a implantación dunha plataforma de teleformación para a impartición de cursos online de prevención de riscos laborais, recurso esixido dentro da formación demandada.